O goberno local duplicou o número de escolas infantís e de prazas desde 2007
O alcalde destacou esta mañá que o goberno local duplicou o número de escolas infantís desde o ano 2007, pasando de catro a oito, ademáis de ampliar unha das que xa abertas. Tal e como destacou o rexedor, os centros de Navia e a de Mestres Goldar están rematados e a súa posta en funcionamento depende únicamente dunha autorización da Xunta.
A Escola Infantil de Navia xa está rematada e lista para poñerse en funcionamento, tal e como avanzou o rexedor esta mañá durante a visita que realizou ás instalacións. Con 412 metros de superficie e un custo de 719.000 euros, o espazo está diseñado para facilitar o desenvolvemento das tarefas para as que foi concebido, con moita luz e calefacción radiante. No interior, sepáranse conceptualmente os servizos (despachos, aseos, vestiarios e cocina) da área de nenos, utilizando un tratamento de paredes opacas para o primeiro e divisións acristaladas con motivos de distintos cores para o segundo.
Tal e como explicou o rexedor, este centro -máis o de Mestres Goldar- están só pendentes da autorización da Xunta para poñerse en funcionamento. No caso da escola ubicada en Castrelos, o Concello leva máis de dous meses esperando o permiso que lle permita iniciar o expediente de contratación da xestión porque a intención do goberno local era que ambas escolas funcionaran este mesmo curso, "aínda que xa non depende de nós", puntualizou. Esta tramitación atópase nestes momentos con outra dificultade que neste caso chega da man da xa en vigor nova lei de bases de réxime local que atríbue á Xunta as competencias exclusivas destas escolas. Esto supón, explicou, que a administración autonómica ten que darlle permiso ao Concello para construir e pagar estes centros educativos.
Caballero lembrou durante a súa intervención que en 2007 había catro escolas infantís e una delas moi pequena (que foi ampliada por este goberno local), mentres que agora hai oito o que supón, "máis que duplicar o número de centros e o de prazas", engadiu.
Descargar todas as imaxes