Escoitar

O Maratón Fotográfico chega a súa XVIII edición

A Agrupación Fotográfica Galega organiza, un ano máis, co patrocinio do Concello de Vigo e dentro do programa Vigo en Festas, a XVIII edición do Maratón Fotográfico. A cita terá lugar o día 10 e agosto ás 21.00 horas cunha duración de 24 horas. Os participantes deberán aboar 10 euros en concepto de inscripción.

martes, 6 ago 2013
1375789822marafotografico.jpg.jpg
A saída da XVIII edición do Maratón Fotográfico terá lugar na Praza do Pobo Galego o vindeiro 10 de agosto, sábado, ás 21.00 horas. Os participantes terán ata as 20.00 horas do domingo, día 11 de agosto para realizar as súas fotos e entregalas na Praza do Rei. Na maratón poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición, que ten un prezo de dez euros, o día do maratón na Praza do Pobo Galego entre as 20:00 e 20:45 horas. Os interesados tamén poderán realizar unha preinscrición vía correo electrónico na seguinte dirección: fotomaraton@agrupacionfotograficagalega.com.

Na maratón os participantes deberán fotografar catro temas que serán facilitados pola organización. O xurado, que valorará a imaxinación e a frescura das fotografías, premiará aos gañadores con 1.000 euros para o primeiro, 500 euros para o segundo e un terceiro premio de 300 euros.
Descargar todas as imaxes

Máis información