Escoitar

O programa municipal de festas de Nadal inclúe 150 actividades para público de todas as idades

Abel Caballero presentou esta mañá o programa de actividades de Nadal, que inclúe 150 actos con actividades para público de todas as idades. Trátase dixo, dunha actuación integral trazada por distintas concellerías para que a cidade poida disfrutar.

xoves, 20 dec 2012
1356020374nadal.JPG
Abel Caballero degranou esta mañá as actividades que conforman este ano o programa de festas de Nadal. Acompañado por unha ampla representación de concelleiros, o rexedor explicou que se trata dunha "actuación integral" trazada por distintas áreas municipais para que toda a cidade poida disfrutar no centro, nos barrios e nas parroquias.

Durante a presentación, Caballero explicou que as iniciativas lúdicas e culturais deseñadas están dirixidas a público de todas as idades, para que todos os cidadáns atopen posibilidade de diversión ou aprendizaxe. Campamentos urbanos, música e baile, obradoiros, contacontos, deportes..., un amplo abanico de posibilidades desde mañá día 22 ata que rematen as festas.

O colofón destas actividades será a Cabalgata de Reis que, tal e como xa anunciara o rexedor, custará un 10% menos que o ano pasado, sen menoscabar a súa calidade. Durante a rolda de prensa, o alcalde referiuse tamén á iluminación das rúas para cualificala como "a máis bonita de historia da cidade".
Descargar todas as imaxes

Máis información