Escoitar
ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE EMPREGO<br /> <br />

PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2012:convenios de colaboración con entidades sociais e asociacións veciñais

venres, 13 xul 2012
Convenios de colaboración Concello de Vigo-Entidades Sociais

A concellería de Emprego ten previsto a formalización de 10 convenios de colaboración con entidades sociais para o fomento do emprego en Vigo por un importe total de 200.000,00 euros.
Poderán presentar as súas solicitudes as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións agás as inscritas no epígrafe 10.
- Que as contratacións a realizar sexan de persoas desempregadas empadroadas en Vigo.
- Presentar memoria segundo o modelo normalizado que se poderá obter na páxina web www.vigo.org.
- Entregar no rexistro xeral municipal dirixida a concellería de emprego unha solicitude, xunto coa memoria a que poderán achegar calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude. As memorias e o orzamento deberán estar debidamente asinados.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30/07/2012.

Convenios de colaboración Concello de Vigo-Asociacións Veciñais

A concellería de Emprego ten previsto a formalización de 20 convenios de colaboración con asociacións veciñais para o fomento do emprego en Vigo por un importe total de 300.000,00 euros.
Poderán presentar as súas solicitudes as asociacións que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións no epígrafe 10.
- Que as contratacións a realizar sexan de persoas desempregadas empadroadas en Vigo.
- Presentar memoria segundo o modelo normalizado que se poderá obter na páxina web www.vigo.org.
- Entregar no rexistro xeral municipal dirixida a concellería de emprego unha solicitude, xunto coa memoria a que poderán achegar calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude. As memorias e o orzamento deberán estar debidamente asinados.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30/07/2012.

Recollida de impresos no servizo de Información do Concello e na páxina web municipal (www.vigo.org)