Escoitar

O Pleno reclama ao Goberno de España a derogación da reforma laboral

Sendas mocións urxentes, presentadas polo BNG e polo PSdeG e votadas a favor por ambas formacións, sacaron adiante un acordo para manifestar o rexeitamento da Corporación viguesa á reforma laboral do goberno central, e solicitar deste a súa derogación. Vigo esixe unha mellora das relacións laborais en base ao consenso e negociación cos representantes sindicais, "que protexa ás persoas traballadoras fronte á precariedade laboral e inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato".

luns, 27 feb 2012
O Pleno da Corporación de Vigo manifestou este luns o seu rexeitamento á reforma laboral aprobada polo goberno de Rajoy e demandou á súa derogación.

Coa oposición do Partido Popular, a máxima representación política do Concello de Vigo acordou tamén acometer unha mellora das relacións laborais, baseada na negociación, "que protexa ás persoas traballadoras fronte á precariedade laboral" e inclúa estímulos "reais" para a xeración inmediata de emprego.

O texto tamén pide comunicar o presente rexeitamento do Pleno vigués á nova regulación aos grupos parlamentarios do Congreso de Deputados e no Parlamento de Galicia, ademais dos presidentes de España e Galicia.