Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Sentido único na rúa Roade

<br />

venres, 29 xan 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa Roade, treito entre o número 18 e a Avda.
Atlántida, cara á Avda. Atlántida, dende o mércores 03 de febreiro de 2010 ás 10.00 horas.
Prégase a máxima atención á sinalización,
Solicítase a máxima colaboración cidadá.