Man Xornal.vigo.orgXornal.vigo.org Concello de Vigo Contacto
Noticias
Subscribirse
Noticias
Temas
Dosieres
Discursos
Previsions
Vigo na prensa
Info Grafica

Participa


 
venres, 18 de decembro de 2009

Imprimir | Enviar | Escoitar


Comezan os obradoiros de Nadal no Museo do Mar de Galicia

Baixo o título Diversión, creación e ciencia, o Museo do Mar volve a abrir as súas portas a todos os nenos e nenas de Galicia cos obradoiros de Nadal, centrados, nesta ocasión, na figura de Darwin. Dende o sábado 19 de decembro, comezarán as distintas actividades dirixidas a rapaces de entre 5 e 14 anos.

Tralo éxito da mostra Navegando no Beagle - Darwin, que agora se expón no Museo e que obrigou a crear un doble turno de visitas para escolares, os nenos terán a oportunidade de interactuar cos elementos da exposición, aprendendo bioloxía, historia natural e xeografía. Ademáis, coñecerán todo o que envolve o mundo do Beagle e de Charles Darwin, dende a época na que viviu e as súas costumes, ata os animales que estudiou e a súa clasificación das especies. Deteranse, tamén, no desenvolvemento da súa viaxe e na teoría da evolución por selección natural. Por outra banda, aprenderán distintas nocións sobre predicción meteorolóxica e cartografía e, os máis pequenos, adentraranse no universo darwiniano a través da confección de personaxes cos que farán representacións.

Os obradoiros, que son gratuitos, terán continuidade máis alá do Nadal durante as fins de semana ata que remate a mostra. A inscrición debe realizarse previamente a través do teléfono 986 247 750, de martes a domingo, en horario de 10.00 h. a 14.00 h., ou acudindo directamente ó Museo, ata cubrir prazas.

Mais noticias
O alcalde asegura que os máis de 6 millóns en melloras de todas as parroquias "non teñen precedente" na historia de Vigo
Un informe dunha empresa externa garante que o zoo de Vigo cumpre coa legalidade vixente
Santi Dominguez inaugura o restaurado anuncio do león no centro de Vigo
A carpa situada na Porta do Sol acollerá o domingo a actuación do gaiteiro escocés Patrick Molard
Obradoiros infantís de Nadal no MARCO
A Axenda dos Mercados servirá para "dar a coñecer" o comercio vigués
A Concellería de Deportes apoia o torneo solidario multideportivo "Nadal en Vigo" para nenos e nenas
A Fundación Vide entregou 66.000 euros a once clubes de elite da cidade nas primeiras axudas da tempada
Xunta de Goberno Local
Publicación das listaxes de persoas admitidas e excluídas para Peóns e Oficiais Técnicos do Programa UTIL
Restitución dos sentido de circulación da rúa Torrecedeira
Restitución da rúa Zamora ó tráfico


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003