Escoitar

Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

A partir do venres, 18 de decembro, comezan no MARCO os obradoiros infantís de Nadal, que estarán en marcha nas vindeiras semanas. Un programa que ofrece ao público infantil e familiar a posibilidade de aproveitar o tempo de lecer neste período de vacacións escolares, desfrutando das posibilidades que ofrece a creación artística, e potenciando a función do museo como lugar de encontro social.

venres, 18 dec 2009
1261145941cabeceratalleresnadalmarco.jpg
‘A árbore máxica’
Obradoiros de Nadal 2009
Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas

Que formas, cores, olores, palabras, sons, texturas e sabores podemos asociar co Nadal? A partir destas preguntas os monitores do MARCO axudan aos máis pequenos a crear e elixir as súas propias historias, personaxes, obxectos e escenarios, individualmente ou de forma colectiva, utilizando moi diversos medios de expresión. Ademais, este Nadal unha árbore especial ten aparecido nun dos recunchos do noso ‘Laboratorio das Artes’. Escintila na escuridade, ten poderes máxicos e unha morea de desexos por descubrir...

DATAS
 Venres 18, sábado 19 e domingo 20 decembro 2009
 Mércores 23, sábado 26 e domingo 27 decembro 2009
 Martes 29 e mércores 30 decembro 2009
 Sábado 2 e domingo 3 xaneiro 2010

HORARIO
 Venres 18 decembro, de 18.00 a 20.00
 Martes, mércores, sábados e domingos, de 12.00 a 14.00

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO
PRAZAS LIMITADAS
1261145941cabeceratalleresnadalmarco.jpg
1261145962talleresmarco.jpg
Descargar todas as imaxes