venres, 12 xaneiro 2024

Caballero asiste á toma de posesión de Abel Losada como subdelegado do Goberno

venres, 12 xan 2024

O alcalde acudiu á toma de posesión do novo subdelegado do Goberno de España na provincia de Pontevedra, Abel Losada. O alcalde respaldou así ao exedil de Vigo que comeza unha nova etapa ao fronte da subdelegación estatal. Caballero aplaudiu o discurso de Losada, que fixo fincapé na importancia de seguir na loita contra as violencias machistas, entre outros temas.

MITIC dará "un gran concerto" na Porta do Sol

venres, 12 xan 2024

Abel Caballero desvelou que mañá, sábado 13 de decembro, MITIC ofrecerá un concerto na Porta do Sol ás 19:30 horas, baixo o nome "Descubre los límites de la gaita. Y deja que te cuente la banda sonora de tu vida". O obxectivo do grupo é achegar un instrumento insignia, como a gaita, a todos os públicos dunha maneira orixinal, espectacular e sorprendente. Entre os temas que tocarán, encóntranse algúns de grandes figuras do rock internacional como Queen, Bon Jovi, The Beatles, Guns N’Roses ou Tina Turner.

As fontes de Aragón celebran de azul o Bicentenario da Policía Nacional

venres, 12 xan 2024

“É a nosa homenaxe á celebración de 200 anos de existencia da Policía Nacional, unha institución imprescindible na cidade”, apuntou o rexedor. Desde este venres, 12 de xaneiro, e ata o domingo día 14, as fontes de Aragón tinguiranse de azul para conmemorar este aniversario. Amais, a pantalla situada no farol de Urzáiz, empregada con motivo do Nadal, estará proxectando o emblema da Policía Nacional ata que se apague porque “queremos que estea alí, no corazón da cidade. É o noso recoñecemento polos douscentos anos e o seu extraordinario traballo en Vigo”.