O rexedor mantivo unha reunión coa Asociación Profesional Xuíces e Xuízas para a Democracia
Caballero recibiu á directiva viguesa da Asociación Profesional Xuíces e Xuízas para a Democracia, representada por Julio Picatoste e María Teresa Conde-Pumpido. No encontro trasladáronlle o alcalde a iniciativa para realizar o seu congreso nacional en Vigo, sobre o que o alcalde sinalou que "estaremos encantados de recibilos", refrendando que na cidade "sentirémonos moi honrados de que celebren aquí o seu congreso".
