Os Coidadores de Barrio prestaron 13.437 servizos durante o ano 2023
Abel Caballero informou este mércores do traballo desenvolvido por este programa municipal alo longo do ano pasado e apuntou o “nivel de satisfacción extraordinario” das persoas usuarias.
O Programa de Coidadores de Barrio do Concello de Vigo prestou 13.437 servizos durante o ano 2023 con arredor de 40 traballadores atendendo as demandas cidadás, especialmente as de mulleres que conforman a maioría dos beneficiarios.
Este ano o goberno municipal mellorou o programa con máis cobertura para as persoas usuarias e coa prestación de novos servizos de acompañamento: médico, banco, xestións en administracións…
O presuposto municipal para este programa acada os 610.000 euros “cun éxito extraordinario” valorou Caballero, referíndose ao “nivel de satisfacción” das persoas usuarias co servizo que reciben. Gústalles a atención, están moi satisfeitos coa detección das súas demandas e necesidades e apuntan que o programa lles permite relacionarse cos seus veciños e que ademais lles fai compañía, engadiu.