Escoitar

O alcalde reúnese cunha representación de avogados e procuradores da quenda de oficio

Abel Caballero, acompañado pola concelleira Yolanda Aguiar, trasladou o apoio municipal a Darío Costas e María Jesús Martínez, representantes da Plataforma Marea Negra que acolle aos avogados e procuradores da quenda de oficio. Son traballadores que prestan “un servizo tan importante para os dereitos fundamentais” e que reivindican a mellora das condicións de traballo e remuneración que teñen desde a Xunta de Galicia que é “insuficiente e manifestamente mellorable” e a incorporación ao réxime da Seguridade Social logo do cambio experimentado nas condicións da súa mutualidade. O rexedor lembrou que o Pleno do Concello aprobou en outubro de 2023 unha moción do grupo socialista sobre a dignificación destes profesionais.

martes, 9 xan 2024
Momento da reunión celebrada este martes en Alcaldía
Momento da reunión celebrada este martes en Alcaldía
Descargar todas as imaxes