mércores, 10 xaneiro 2024

O alcalde mantén unha xuntanza coa UPTA

mércores, 10 xan 2024

Abel Caballero recibiu á directiva da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España na que abordaron a situación do autoemprego e a súa evolución da cidade. Eduardo Abad e Estela Díaz presentaron ao rexedor a Estratexia Autónomos Horizonte 23-27 dirixida á cidade e a cal o alcalde amosou o seu apoio “para seguir con esta acción tan importante para a economía da cidade”. Este plan ten como obxectivos impulsar o traballo autónomo, favorecer o emprendemento, a dixitalización e o entorno de negocios en Vigo, “que ten un comportamento extraordinario”.

Vigo lidera o ranking de cidades con maior nivel de inglés

mércores, 10 xan 2024

O alcalde celebra que Vigo sexa a primeira cidade de España no coñecemento do inglés. Education First sitúa á cidade á cabeza, por riba da media do Estado, no coñecemento do idioma. Abel Caballero valorou positivamente que as novas xeracións sexan líderes na comunicación en inglés e puxo de manifesto a importancia que ten neste resultado que todos os nenos e nenas de Vigo gocen do programa municipal “Vigo en inglés” de inmersión lingüística no estranxeiro. “É importantísimo para o emprego, a economía e as relacións internacionais comerciais de Vigo”, afirmou.