luns, 13 nov 2017
O rexedor avanzou esta mañá o desbloqueo "pola vía dos feitos" dunha parte moi importante do urbanismo da cidade, acolléndose á tramitación da Lei 2/2017. Concretamente, solicitarase a recuperación da ordenación do Plan do 2008 para os ámbito terciario de Recaré, así como para todo o solo urbano consolidado ademais de para ámbitos do Porto de Vigo, de Canido e do aeroporto e para solos urbanos non consolidados que están en avanzado estado de desenvolvemento como é o caso de Esturáns ou Tomás Paredes.
luns, 13 nov 2017
Segundo informou o alcalde, o goberno local xa iniciou a elaboración do novo mapa forestal de Vigo, o deseño da "interacción" entre os montes e a zona urbana para os próximos cen anos. O Concello prevé a plantación de especies autóctonas frondosas, cunha maior resistencia ao lume, que actúen como barreira natural. <br />
luns, 13 nov 2017
"Continuamos co ritmo imparable de humanizacións" apunta o rexedor, neste caso, nas parroquias onde se están acometendo obras de substitución de firmes que se completarán nas próximas semanas.
luns, 13 nov 2017
O alcalde lembrou a importancia da temática deste obradoiro chamado "Empleo digital", que xorde tras o convenio asinado polo goberno local coa Fundación Telefónica.