O alcalde cifra en 3,2 millóns a subvención en ximnasios e piscinas municipais no 2018
Caballero explicou as principais partidas en deporte que recollen os orzamentos do Concello para o próximo ano, entre os que subliñou os 3,2 millóns cos que se subvenciona os ximnasios do Berbés e do Carme e as piscinas de Valadares, Teis, Travesas e Lavadores.
Abel Caballero aseverou que o deporte nas contas do próximo ano conta cun "enfoque de moitos recursos" -o orzamento total ascende aos 16,3 millóns- e singularizou algunhas das partidas máis relevantes, entre as que destacou a subvención do uso dos ximnasios e piscinas municipais por 3,2 millóns de euros.
O orzamento municipal de 2018 reserva 2,3 millóns para as piscinas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, cantidade que se completa con outros 942.000 euros adicados aos ximnasios do Berbés e do Carme e para dotar do persoal que ofrece servizos nos seis centros.
Seguindo no eido deportivo, Caballero recordou que a convocatoria de subvencións a entidades ao deporte de base vigués duplicouse desde os 430.000 euros do 2015 ata os 850.000 que se destinan no 2018, aos que se suman outros 295.000 euros designados para o fútbol base a través da Fundación Celta.
O alcalde puxo en valor os 2.071.000 euros que o goberno de Vigo transfire directamente a clubs vigueses de base, elite e eventos deportivos, un apoio ás entidades locais ao que se engade os 1.162.000 euros para pagos de enerxía eléctrica, gas e combustible dos recintos deportivos.
No relativo a investimentos, o rexedor vigués valorou a cubrición das pistas de tenis de Samil, o novo pavillón deportivo de Quirós e a nova instalación deportiva na rúa Romil e a remodelación das pistas baixo a bancada de Río, no estadio de Balaídos. Todas as anteriores suman un importe total de 3,1 millóns de euros.
Por último, Abel Caballero revelou que o goberno que preside recolle partidas por valor de 1,7 millóns de euros para a reforma do campo de fútbol do Carballal e a substitución do céspede nunha decena de recintos da cidade. Amais, o alcalde referiuse a unha nova partida de 25.000 euros para a promoción da lingua e o deporte en galego.
Xuventude
Tamén sobre as contas municipais para o próximo ano, o alcalde fixo especial fincapé no incremento do 15%, con respecto ao pasado ano, da partida para os campamentos de verán. A cifra pasou de 176.000 aos 205.000 euros para o 2018, segundo expuxo.Caballero tamén citou a partida para as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, que se mantén no orzamento do próximo ano nos 124.000 euros.