Caballero anima á cidadanía a presenciar os concertos do Concurso de Violín, Viola e Violonchelo "Cidade de Vigo"
Sesenta alumnos de toda España e Portugal participarán na VI Concurso de Violín, Viola e Violonchelo "Cidade de Vigo", do 1 ao 3 de decembro, presentado este mércores polo alcalde de Vigo e os organizadores. Antes do certame, os gañadores da edición anterior ofrecerán concertos os días 17 e 23 de novembro.
A VI Edición do Concurso de Violín, Viola e Violonchelo "Cidade de Vigo" celebrarase do 1 ao 3 de decembro no Conservatorio Superior de Música da cidade olívica e contará coa participación de sesenta alumnos de toda España e Portugal.
"Este é xa un concurso con moita tradición e forma parte do panorama da música en Galicia e en España", afirmou o alcalde, Abel Caballero, que participou esta mañá na presentación do evento xunto ao concelleiro de cultura, Cayetano Rodríguez; Elizabeth Taylor, presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda, e o secretario, Ernesto Regueira.
O rexedor animou ademais a todos os vigueses a gozar dos dous concertos que interpretarán os gañadores do concurso do ano pasado e que se celebrarán o 17 e o 23 de novembro. O primeiro estará protagonizado polos alumnos maiores, que actuarán acompañados pola orquestra da Universidade do Minho (Braga). O concerto será no Teatro Afundación. O segundo, o dos gañadores pequenos, será o 23 de novembro no Auditorio Mar de Vigo e estarán acompañados pola orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
No concerto do 17, con entrada gratuíta, tocarán Branca Budiño, Jaime Maceira, Elena Manrique e Inés Issel, mentres que no do día 23 (dedicado a público en xeral e alumnos da ESO e bacharelato e tamén con entrada gratuíta) tocarán como solistas Lia Rafaela de Marcos e Melo, Zaira Pena, María Sá, Carlos Vidal e Paula Sastre.
Elisabeth Taylor apuntou que nesta edición participan no concurso 60 alumnos que veñen de toda España e Portugal. "O nivel cada vez é máis alto e o concurso logrou facerse un oco importante na Península grazas a ser un encontro no que se fomenta a aprendizaxe e a amizade entre os participantes, o que fai que ano tras ano repitan".
A presidenta da asociación destacou o seu carácter transnacional coa maior participación de profesionais portugueses e da orquestra da Universidade do Minho. Agradeceu tamén a implicación do Instituto Camôes e da Fundación Vigo Convention Bureau na loxística.
As probas do concurso desenvolveranse do 1 ao 3 de decembro e o último día celebrarase unha gala de premios no Conservatorio Superior de Música. O xurado está formado, entre outros, por Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e por Enrique Igrexas, responsable da orquestra de nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Descargar todas as imaxes