martes, 24 out 2017
O alcalde garantiu esta mañá que a grada de Río estará habilitada para o próximo encontro Celta-Atlético de Bilbao que se disputará en Balaídos o 5 de novembro, unha vez localizadas as 64 pezas defectuosas colocadas na malla da cuberta. Unha vez máis, aproveitou para desculparse cos abonados e co conxunto da animación do equipo celeste.
martes, 24 out 2017
A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este martes pola tarde un taller no que o público infantil poderá achegarse ao proceso gráfico dunha publicación da man do ilustrador Óscar Villán.
martes, 24 out 2017
A quinta edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple celebrarase este domingo en Bouzas (11:00 horas) e a súa novidade, unha andaina de 5 quilómetros, está a ter enorme aceptación. Así o anunciaron hoxe o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o presidente de Avempo, Miguel Ángel Sánchez, en rolda de prensa xunto coa logopeda da asociación, Paula Alonso.