xoves, 6 xul 2017
O alcalde visitou este xoves os traballos de reforma de Río, no estadio de Balaídos, en fase de retirada da actual cuberta. Caballero adiantou que a bancada estará operativa para o primeiro partido de Liga e a obra concluida a finais de ano.
xoves, 6 xul 2017
A Xunta de Goberno Local, segundo informou Caballero este xoves, aprobou o convenio cos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, destinando 114.000 euros ao funcionamento do seu albergue e ao reparto de alimentos a familias que o precisan.
xoves, 6 xul 2017
Abel Caballero recordou que o programa de visitas teatralizadas gratuitas no Centro de Interpretación do Mundo Romano comeza este xoves ás 20 horas. Haberá representacións cada xoves de xullo e os días 3, 17 e 24 de agosto. O venres 11 de agosto a recreación se suma á Noite Branca.
xoves, 6 xul 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación do Roller Derby Vigo, club organizador da segunda edición do Campionato de España desta modalidade que acaba de aterrar no país e vaise xogar a fin de semana.
xoves, 6 xul 2017
Os responsables da empresa viguesa presentaron este xoves ao alcalde a súa bicicleta eléctrica, xestada, deseñada e producida na cidade de Vigo. Caballero saudou un proxecto impulsado por enxeñeiros vigueses e desexoulles sorte na saída ao mercado dunha bicicleta "revolucionaria" con cen quilómetros de autonomía.