Escoitar

Caballero anima a toda a cidadanía a participar na II Marcha Ciclista Popular polos montes de Vigo

Caballero presentou este martes a segunda edición dunha marcha que sirve como colofón as actividades desenvoltas polo Concello de Vigo para o fomento do uso da bicicleta. Terá lugar este domingo, 9 de xullo, nos montes de Zamáns.

martes, 4 xul 2017
1499171828montes.JPG
O alcalde, acompañado polos representantes da asociación A Golpe de Pedal e de Montes de Vigo, deu conta da celebración da segunda edición desta marcha que terá lugar este próximo domingo 9 de xullo nos montes de Zamáns. Estas marchas teñen como obxectivo o fomento da utilización do uso da bicicleta como elemento recreativo, a potenciación duns hábitos de vida saudables e a posta en valor do patrimonio medioambiental de Vigo.

A marcha dará comezo as 11 da mañá dende o Parque Forestal de Zamáns. O circuíto polo que se desenvolverá ten una lonxitude total de 11 quilómetros, dividido en dous tramos: un primeiro cunha lonxitude de 5 quilómetros e cunha dificultade baixa, pensada para aqueles ciclistas con menos experiencia, e outro tramo de 6 quilómetros cunha dificultade media.

Tal e como explicou Jose Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal, "tratase dunha actividade lúdica e cultural, xa que ademais da propia marcha ciclista programáronse diferentes actividades para os mais cativos que se levarán a cabo no Parque Forestal de Zamáns", polo que é unha actividade apta para todas as idades. Suárez quixo agradecer o apoio recibido polo Concello de Vigo nesta e noutras iniciativas como A Pedaliña, que fan de Vigo "unha cidade cada vez máis amable coa bicicleta".

Pola súa banda Uxio González, presidente de Montes de Vigo, indicou que como novidade con respecto a edición anterior, ademais da actividade lúdica e deportiva, se suma unha actividade cultural e etnográfica polo que os participantes poderán visitar varios muiños existentes na zona e recibirán unha explicación da historia de cada un deles. González destacou que esta actividade que "é unha forma extraordinaria de dar a coñecer uns dos tesouros máis importantes da nosa cidade, os nosos montes, non sería posible sen a implicación do Concello e a do propio alcalde, que quero recoñecer de forma expresa".

As inscricións pódense realizar ata o mesmo domingo a través da páxina web www.agdpvigo.net ou ben o meso día unha hora antes do inicio da marcha.
Descargar todas as imaxes

Máis información