Escoitar

Vigo inaugura a primeira edición dos Premios Imaxe

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na presentación destes galardóns, organizados por FEPEGA coa colaboración do Concello e da Deputación. O certame nace co obxectivo de enxalzar o traballo creativo e técnico dos profesionais da perruquería e estética da comunidade galega. Vigo é a cidade seleccionada para o seu debut.

martes, 4 xul 2017
1499171599imaxe.JPG
Os Premios Imaxe busca aos profesionais da perruquería e estética que apostan pola innovación e a creatividade poñendo en valor a calidade profesional do seu gremio. Un sector ao que pertencen máis de 10.000 traballadores en Galicia.

A Imaxe da túa Imaxinación é o chamamento que utiliza a Federación de Empresas de Perruquería e Estética de Galicia na súa convocatoria para animar aos profesionais do sector a participar nos premios e mostrar a súa creatividade sen límites.

As persoas interesadas poden inscribirse xa en premiosimaxe.gal. Teñen ata 15 de setembro para rexistrar a súa candidatura. Existen cinco categorías concursables: Comercial Feminina, Comercial Masculina, Vangarda ou Fantasía, Perruqueiro ou Perruqueira Revelación (menores de 25 anos) e Maquillaxe Independente. Os participantes poderán obtar a unha ou a varias.

Finalizado o prazo de rexistro, seleccionaranse as candidaturas que cumpran cos requisitos e abrirase un periodo de votacións online, só para os membros de FEPEGA. As tres coleccións de cada categoría que adquiran a maior puntuación desfilarán o 19 de novembro no Teatro Afundación de Vigo, de onde sairán os gañadores elexidos por un xurado experto.

Neste evento premiarase tamén a posta en escena co Premio á Mellor Pasarela. Ademáis, haberá outros dous galardóns especiais: o que visibiliza a unha traxectoria dun profesional por enriquecer ó sector co seu saber e o que distingue á empresa ou institución que axudou ao desenvolvemento do gremio.

O xurado formado por profesionais de alto nivel do campo da perruquería, a estética e a comunicación será o encargado de valorar as coleccións finalistas. Manuel Mon, Jordi Pérez, Mari Carmen Cazcarra, Montse Pérez e Heriberto Otero elixirán ós gañadores da primeira edición de Premios Imaxe recoñecendo, así, a calidade profesional do sector.

A inscrición no certame é totamente gratuita para os estudantes. Do mesmo xeito, os menores de 25 anos poderán presentarse de balde a Perruqueiro ou Perruqueira Revelación, sendo esta unha categoría exclusiva para esta franxa de idade. O encontro quere visibilizar ao gremio na comunidade e facer crecer aos profesionais afrontando novos retos creativos. Os Premios Imaxe contan co patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e L’Oreal.
Descargar todas as imaxes