O Concello arranca hoxe xoves coas recreacións da vida romana na Finca Mirambell
Abel Caballero recordou que o programa de visitas teatralizadas gratuitas no Centro de Interpretación do Mundo Romano comeza este xoves ás 20 horas. Haberá representacións cada xoves de xullo e os días 3, 17 e 24 de agosto. O venres 11 de agosto a recreación se suma á Noite Branca.
O goberno vigués comeza hoxe xoves ás 20 horas as visitas teatralizadas da vida romana no Centro de Interpretación do Mundo Romano, na Finca de Mirambell, segundo informou Caballero en rolda de prensa.
Con este obxectivo de divulgar o patrimonio histórico vigués, o Concello volve organizar este ano recreacións da vida romana na Vila de Toralla. Todos os xoves de xullo e o 3, o 17 e o 24 de agosto se representarán escenas como a celebración dunha voda na antiga Roma, a venda de escravos ou unha loita entre gladiadores. Ademais, o 11 de agosto, o Centro de Interpretación do Mundo romano sumarase á celebración da Noite Branca, con programación desde ás 20,00 ata ás 02,00 h. Todas as escenificacións comezarán ás oito da tarde e se prolongarán durante dúas horas.
Os visitantes que acudan á Vila Romana de Toralla para as representacións serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores. Nas ruínas mostrarase a vida na vila romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio. O patricio e a súa muller recibirán aos invitados á voda, que se representará no escenario cunha cerimonia oficiada por unha sacerdotisa, co banquete, unha venda de escravos, baile e loita de gladiadores. Como novidade deste ano, adiantou Caballero, un paseo de soldados.
Para promocionar esta actividade divulgativa, algúns dos actores repartirán información sobre esta festa romana na praia de Samil, os mércores 12 e 26 de xullo e máis o 9 de agosto, entre ás 18,00 e ás 19,00 h.