xoves, 19 decembro 2013

O alcalde visita o Fontescura e salienta o "traballo espléndido" do colexio

xoves, 19 dec 2013

Abel Caballero felicitou ao colectivo educativo do Fontescura polo seu traballo, un centro para 60 alumnos, nalgúns casos con necesidades educativas especiais. Este xoves celebran unha festa de Nadal e boa parte do profesorado levaba a camiseta verde en defensa da educación pública, o que vén sendo unha "constante" nos colexios que visita, indicou o alcalde.