Escoitar

Caballero asina con once comedores sociais a concesión doutros 213.000 euros de apoio

O alcalde rubricou este xoves os convenios polo que o Concello de Vigo achega outros 213.000 euros aos comedores da cidade para apoiar a súa laboura social. Caballero recordou que o goberno local achega este ano 636.000 euros ao efecto, polos 75.000 euros destinados no 2011.

xoves, 19 dec 2013
1387457912comedores.JPG
O Comedor da Esperanza, San Vicente de Paul, Vida Digna, Banco de Alimentos, AFAN, Amigos de Galicia, Misión Evanxélica de Vigo, Axuda á Vida, Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, A Sal da Terra e a Asociación San Caietano recibirán do Concello de Vigo 213.000 euros nun novo pago do goberno local para respaldar o traballo dos comedores na cidade.

Trátase dun segundo abono que se suma a 200.000 euros xa aprobados no mes de setembro e aos 223.000 euros incluidos no orzamento municipal deste ano, sumando un total de 636.000 euros en 2013. Caballero afirmou que esta cantidade supón un incremento do 750% sobre os 75.000 euros adicados aos comedores hai dous anos.
Descargar todas as imaxes