O alcalde anuncia a concesión doutros 213.000 euros de apoio municipal a comedores sociais
Abel Caballero asegurou que o Concello adica en 2013 un total de 636.000 euros para os comedores sociais de Vigo, un 750% máis que os 75.000 euros destinados en 2011 ao mesmo fin. O alcalde censurou o recorte no apoio a estas entidades por partes doutras administracións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores a decisión do goberno local de respaldar aos comedores sociais da cidade con outros 213.000 euros. O Concello subvenciona en 2013 a laboura destas entidades con un total de 636.000 euros, un 750% máis que os 75.000 euros abonados hai dous anos.
Caballero recordou que os orzamentos municipais para este ano xa inclúe unha partida de 223.000 euros para comedores, que se suman aos 200.000 euros reservados para este fin no Plan Social do Concello e outros 213.000 euros nun segundo pago dentro da mesma iniciativa de apoio ás familias necesitadas, que comeza agora a súa tramitación administrativa.