Escoitar

Caballero felicita a dirección e traballadores pola entrada de Pemex no estaleiro Barreras

Durante o acto formal de entrada da mexicana en Barreras, o alcalde recordou que o estaleiro vigués é unha "institución" no naval español e a chegada de Pemex "alegra a toda a cidade" porque conlevará a recuperación da actividade -con catro novos barcos- e do emprego. Caballero agradeceu o "esforzo" do presidente e dos traballadores.

luns, 16 dec 2013
1387198788barreras.JPG
Durante a súa intervención, o alcalde asegurou que hoxe luns é "un día importante" para a cidade pola entrada no accionariado de Barreras da Pemex, quen atopará en Vigo "colaboración" e "cooperación leal".

O desembarco do capital mexicano conleva catro novos contratos para ensamblar o próximo ano no estaleiro vigués un barco atuneiro e outros tres buques tanque. Pemex tamén avanzou negociacións en marcha para construir outros tres grandes barcos en Vigo, conversas que esperan pechar no primeiro trimestre de 2014. O coordinador de asesores de Pemex, Carlos Roa, ratificou asemade o levantamento dun flotel en Barreras.
Descargar todas as imaxes