Pleno da Corporación, sesión extraordinaria
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 19
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 19 de DECEMBRO de 2013, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
1.- Aprobación definitiva do Acordo de Imposición e Ordenanza das taxas pola prestación de Servizos na "Galería de Servizos de Navia". Resolución de alegación. (25).
2.- Aprobación definitiva da Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa e aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo da vía pública a favor de empresas explotadoras de Servizos de Telefonía Móbil. Resolución de alegación. (35)
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día DEZANOVE DE DECEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 16 de decembro de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.