luns, 22 agosto 2011

Caballero destaca a labor de Bombeiros e Policía Local durante as máis de 50 intervencións da pasada noite

O rexedor avanzou hoxe luns que a cidade de Vigo rexistrou na pasada madrugada 82 litros de auga por hora, con intensidades de ata 110 litros/hora. Tras aclarar que a situación superou a alerta laranxa decretada polos técnicos, Caballero, quen inspeccionou persoalmente as zonas máis afectadas durante a noite e esta mesma mañá, fixo un balance das máis de 50 intervencións desenvolvidas por bombeiros e Policía Local e explicou que os técnicos van facer un estudo polo miúdo das zonas máis afectadas para poder sacar conclusións de cara ao futuro.

O rexedor asina un convenio con El Olivo por 15.000 euros para a promoción da cultura e o deporte

luns, 22 ago 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou hoxe con representantes da Federación de Peñas Recreativas El Olivo un convenio de colaboración para a promoción da cultura e do deporte. O Concello aportará 15.000 euros e, pola súa banda, El Olivo comprométese á estimular o deporte, a cultura e arte, organizar eventos recreativos e apoiar iniciativas a prol do desenvolvemento cultural de Vigo.