Caballero destaca a labor de Bombeiros e Policía Local durante as máis de 50 intervencións da pasada noite
O rexedor avanzou hoxe luns que a cidade de Vigo rexistrou na pasada madrugada 82 litros de auga por hora, con intensidades de ata 110 litros/hora. Tras aclarar que a situación superou a alerta laranxa decretada polos técnicos, Caballero, quen inspeccionou persoalmente as zonas máis afectadas durante a noite e esta mesma mañá, fixo un balance das máis de 50 intervencións desenvolvidas por bombeiros e Policía Local e explicou que os técnicos van facer un estudo polo miúdo das zonas máis afectadas para poder sacar conclusións de cara ao futuro.
Abel Caballero destacou hoxe luns que a cidade de Vigo, no centro, rexistrou na pasada madrugada precipitacións que acadaron os 82 litros/hora, con intensidades de ata 110 litros hora. Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, Vigo foi a cidade de España con maiores precipitacións, seguida de lonxe por Villarino (Salamanca), con 40 litros/ hora ou Pontevedra, con 34 litros/hora. O alcalde, quen onte á noite e esta mañá inspeccionou persoalmente as zonas máis afectadas polo temporal, explicou que a tormenta superou o nivel de alerta laranxa que os técnicos tiñan decretado para o día de onte.
O rexedor municipal indicou que esta mañá "todo o tráfico da cidade estaba restablecido", a excepción da rúa Colón, entre Marqués de Valadares e Areal -xa que se levantou o firme da calzada-, e, anunciou. Para aliviar o tráfico habilitouse un desvío por Velázquez Moreno e a Praza de Compostela permite o dobre sentido de circulación de xeito excepcional, entre Velázquez Moreno e Areal. A este respecto, Caballero avanzou a necesidade de facer un estudo polo miúdo da humanización da rúa Marqués de Valladares -realizada durante o mandato do PP- xa que sempre resulta a máis afectada coas tormentas.
Respecto das actuacións máis destacadas, das máis de 50 distribuídas ao longo da noite e da mañá de hoxe, Caballero resaltou a inundación do túnel do Berbés -no que quedaron atrapados dous vehículos- e anunciou a necesidade de reforzar o sistema de bombeo desta infraestrutura "xa que se demostrou claramente insuficiente". Nesta liña, explicou que os técnicos analizarán polo miúdo as zonas máis afectadas polo temporal para sacar conclusións de cara o futuro.
Tamén se referiu a outras actuacións de bombeiros e policías en inundacións de locais ou encerros en ascensores, ou o corte de subministro eléctrico de 15.000 usuarios, dos que case 8.000 mil estiveron sen luz ata as 6:00 horas. De cara a reclamar os danos, o Concello habilita o 010 para que os cidadáns tramiten a súas denuncias para ser tratadas na OMIC.
Logo de felicitar á Policía Local e ao Corpo de Bombeiros "que a estas horas aínda seguen nas rúas", o alcalde puxo en valor a actuación dos 20 bombeiros, 35 policías locais, 15 membros de Protección Civil e 20 operarios da limpeza "porque se fixeron cargo da situación en moi escaso prazo de tempo, a cidade respondeu ben", concluíu.
Descargar todas as imaxes