O rexedor cualifica de excepcionais as festas de Vigo e felicita á concelleira Abelairas
"Foron unhas festas excepcionais e moi robustas". Así definiu o alcalde Abel Caballero, o programa festivo que ven de rematar en Vigo. Nun balance diante dos medios de comunicación, o rexedor loubou o traballo da concelleira Isaura Abelairas e destacou que a austeridade que caracterizou a organización das festas este ano.
A combinación de grandes actuacións con artistas vigueses de recoñecido prestixio e calidade foi, na opinión do alcalde, un dos ingredientes dos éxitos do cartel de festas de Vigo deste verán. Logo de asegurar que foron "excepcionais e moi robustas", indicou que a xente quedou moi satisfeita porque houbo actividades para todos os gustos e idades. Destacou as actuacións de Patty Smith, Juanes, Los Planetas, Bad Religion ou a Ópera Aída así como outras actividades máis participativas como o Festival Folklórico, o Festiclown para niños, as corais ou o Marisquiño. Mención especial tivo para O Son de Vigo, festival para artistas locais que resulto un rotundo éxito.
Caballero aproveitou a oportunidade para felicitar á concelleira Isaura Abelairas "porque contou con moi poucos meses para a organización", e recoñeceu que se aproveitou parte do traballo realizado pola anterior Corporación. Tamén quixo destacar a austeridade que se aplicou na organización, o que supuxo "un aforro moi cuantificable" respecto de anos anteriores.