Escoitar

O alcalde louba o estudo do Valedor do Cidadá sobre pobreza e exclusión social

Abel Caballero destacou a "entrega e esforzo" co que Luis Espada Recarey, Valedor do Cidadán, elaborou un estudo sobre pobreza e exclusión social. O rexedor, quen acompañou este venres ao escritor na presentación do libro, agradeceulle a Espada "a súa sensibilidade e o seu traballo continuo por esta cidade". O alcalde avanzou a súa intención de actuar no ámbito social "sen recortes e, na medida do posible, incrementando" dotacións orzamentarias. Nesta liña, subliñou que os trámites de construción do albergue seguen adiante sen pausa porque é "un compromiso de primeira magnitude" do Goberno municipal.

venres, 19 ago 2011
1313759602espada.jpg
O rexedor municipal, Abel Caballero, subliñou hoxe venres a "dedicación e sensibilidade" coa que traballa "continuamente por esta cidade" o Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey. Así o manifestou, durante a presentación do libro "Pobreza e exclusión social" na que asegurou que este estudo ten especial relevancia para os que nos dedicamos á política social e laboral, xa que, dixo, estamos diante dun traballo encomiable que serve para orientar a política social que se debe desenvolver desde as administracións públicas. Nesta liña, o alcalde remarcou a súa intención de actuar no ámbito social "sen recortes e, na medida do posible, incrementando" dotacións orzamentarias.

O alcalde aproveitou para reiterar o bo ritmo ao que marcha a posta en funcionamento do futuro albergue. Logo de aclarar que os técnicos dubidaron sobre a forma de aprobar a desafectación do inmoble -finalmente irá a Xunta de Goberno-, Caballero explicou que o seguinte paso será o inicio de obras e posterior apertura, xa que "se trata un compromiso de primeira magnitud para o Goberno municipal". Lamentou que o Feijóo impedira que o edificio da Gota de Leche poidera actuar como albergue provisional ata a posta en marcha do definitivo "sinto que a Xunta non mostre interés pola política social en Vigo", sinalou.
Descargar todas as imaxes