Escoitar

Caballero acompaña a Rubalcaba nun encontro con axentes sociais e veciñais

O rexedor municipal acompañou a Alfredo Pérez Rubalcaba nun encontro con axentes sociais e veciñais organizado para que recabar ideas e opinións de cara a configurar o programa electoral co que o candidato socialista espera converterse en presidente do Goberno Central. O acto, que se desenvolveu no Auditorio Pazo de Congresos, contou coa presenza, entre outros, da senadora Carmela Silva, e o secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez.

xoves, 18 ago 2011
1313672552rubalcaba.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe xoves nun encontro con axentes sociais e veciñais no que Alfredo Pérez Rubalcaba recabou ideas e opinións para elaborar o programa electoral co que o candidato socialista concorrerá ás próximas eleccións xerais. Nun acto que se desenvolveu no Auditorio Pazo de Congresos, alcalde e candidato contrastaron opinións cuns trescentos representantes empresariais, sindicais e veciñais da cidade durante algo máis de hora e media. Tamén estiveron presentes o secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e a tenente de alcalde e senadora, Carmela Silva.
Descargar todas as imaxes