O alcalde louba a destreza dos estudantes vigueses que participan nun programa universitario de matemáticas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe mércores a un dos estudantes vigueses seleccionado para participar nun programa de orientación e desenvolvemento matemático da Universidade de Santiago. Caballero felicitou e animou a Nicolás Rodríguez Chantada, alumno de primeiro da ESO, a proseguir con éxitos os seus estudos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou persoalmente un estudante vigués de 1º da ESO que foi seleccionado para participar nun programa de orientación e desenvolvemento matemático da Universidade de Santiago. Acompañado da súa nai, Nicolás Rodríguez Chantanda, foi recibido polo alcalde quen lle amosou o seu entusiasmo porque chicos e chicas de Vigo participen en programas deste tipo. Trátase de alumnos con "grande destreza coas matemáticas" e outras disciplinas e, segundo indicou, hai que apoialos e animalos a seguir con éxito nos seus estudos.
Nesta liña de apoio con programas específicos para os alumnos de Vigo, Caballero lembrou os 1.200.000 euros que o Concello adica a becas de inglés.
Descargar todas as imaxes
Nesta liña de apoio con programas específicos para os alumnos de Vigo, Caballero lembrou os 1.200.000 euros que o Concello adica a becas de inglés.