mércores, 24 agosto 2011

A Xunta de Goberno aproba novas 150 bolsas de inglés para colexios concertados

Cun importe de adxudicación de 375.000 euros, a Xunta de Goberno deu luz verde hoxe mércores á ampliación en 150 as bolsas de inglés que o Concello concede, co que xa serán 510 rapaces de Vigo os que poidan estudar en Inglaterra este verán. Segundo explicou o rexedor, este aumento "foi preciso para cubrir a supresión que a Xunta realizou de todas as axudas para estudar inglés nesta cidade".

Caballero mediará para que a factoría Denso obteña as máximas subvencións de Economía para a súa expansión en Vigo

mércores, 24 ago 2011

O rexedor "cooperará activamente" para que o Ministerio de Economía atenda as solicitudes que a empresa Denso, ubicada en Valladares, lle solicitou ao Ministerio de Economía para ampliar a súa factoría. Caballero, quen mantivo un encontro con responsables da empresa, coida que estas peticións deben ser atendidas "concebindo a automoción como un sector estratéxico para Vigo, Galicia e España".

O alcalde anuncia a apertura ao tráfico dun carril ascendente por Colón

mércores, 24 ago 2011

O rexedor municipal avanzou que hoxe mércores, ás 13,00 horas, quedou aberto ao tráfico un carril ascendente da rúa Colón, despois de verse afectada polas inundacións que asolaron Vigo na madrugada do pasado luns. Aclarou que entre hoxe e o xoves tratarase de abrir un segundo carril, "tan pronto como sexa posible", matizou. O alcalde, que hoxe visitou de novo a zona, anunciou que se vai acometer "a obra definitiva que permita subsanar as deficiencias internas" que arrastra a rúa Marqués de Valladares desde a súa humanización, obras realizadas durante o último mandato do PP na cidade.