Escoitar

O Goberno aproba unhas ordenanzas fiscais que reducen a presión aos máis desfavorecidos

A Xunta de Goberno deu luz verde hoxe martes ás ordenanzas fiscais do 2012, que reducen a presión fiscal ás clases máis desfavorecidas: nenos, maiores e dependentes. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, na maior parte dos casos, as taxas quedan conxeladas en termos reais, xa que se aplica a actualización do IPC.

martes, 23 ago 2011
1314104291tasas.jpg
O Goberno municipal aprobou hoxe martes as ordenanzas fiscais do 2012, tomando como referencia, como é norma no Concello, a variación do IPC entre o 30 de abril de 2010 ata o 30 de abril de 2011, situado nun 3,8%. Segundo indicou o rexedor, o expediente aprobado "reduce as presión fiscal para os cidadáns ás clases máis desfavorecidas" xa que se aplica una redución real (ao permanecer sen modificación) á axuda no fogar e escolas infantís.

No resto dos casos, estamos diante dunha conxelación en termos reais, xa que se aplica a actualización do IPC:

Taxas por prestación de servizos: recollida de lixo, grúa municipal, cemiterio, laboratorio, limpeza pozos negros e fosas sépticas, expedición de documentos, transmisión de licenzas de taxis, acompañamento de grandes transportes, extinción de incendios (só se cobran en intervencións nas que haxa substancias tóxicas, inflamables con explosivos, dado que o resto de intervencións son gratis).

Nas taxas dos vehículos, IAE e auga: actualízase de IPC;e no caso do IBI, a actualización é do 3,68% porque de aplicarse este último (IPC) obrigaría a que o incremento fora
un 3,82%, resultando un tipo del 0,788%.

No tocante as taxas á desinfección, desratización e desinsectación, tamén permanecen mínimas idénticas ás de 2011.

-Nas taxas por ocupación de vía pública: terrazas. Redúcese nun 95 por cento, sitúase no 5% do que se cobraba o 1 de xaneiro de 2011.

Urbanismo:

-Taxas de licenza de obras: non se modifica, permanece invariable no 0.95% desde o 2007

-Taxas de licenza de actividade:

Negocios de menos de 150 metros cadrados: redúcese no 90%
Negocios de entre 151-201 metros cadrados: redúcese no 60%
Negocios de entre 201-500 metros cadrados: redúcese no 30%

Mantéñense as seguintes bonificacións:

Redución do 3% do IBI por pago en dous prazos
Bonificación do 75%, durante dous anos, para vehículos ecolóxicos
Exentos de taxa do lixo: maiores de 65 anos que viven solos, vítimas de violencia de xénero e vivendas monoparentais

Descargar todas as imaxes