Caballero insta á Xunta a reconsiderar a decisión de retirar de Vigo unha ambulancia medicalizada
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitou hoxe á Xunta que "reconsidere a decisión de retirar unha ambulancia medicalizada de Vigo". Así o indicou nunha rolda de prensa na que fixo fincapé na trascendencia desta medida nunha cidade caracterizada pola súa dispersidade xeográfica, que se estende ao longo de 110 quilómetros, xa que "nos deixa nunha situación sanitaria moi precaria".
Abel Caballero instou hoxe martes ao Goberno autonómico a reconsiderar a súa decisión de retirar unha ambulancia medicalizada de Vigo. Cualificou de "pésima nova" a supresión desta infraestrutura sanitaria que deixa en una situación sanitaria "moi precaria" á principal cidade de Galicia, na que uns 90.000 habitantes viven en dispersión xeográfica ao longo dos 110 quilómetros que comprende o termo municipal. Esta situación, dixo, súmase a outras moitas decisión da Xunta que maltrata a Vigo en cuestións sanitarias e "as cuestións de saúde teñen que se intocables", concluíu.