Escoitar

O alcalde anuncia colaboración para que a Coral Casablanca de Vigo actúe por toda España

O Concello de Vigo colaborará coa Coral Casablanca de Vigo para que actúe nas cidades máis importantes de España. Así o anunciou hoxe luns o alcalde, Abel Caballero, tras reunirse co presidente, Ignacio Pérez Amoedo, e o director Oscar Villar.

luns, 22 ago 2011
1314018307coral.jpg
O rexedor municipal avanzou hoxe luns a intención do Concello de cooperar coa Coral Casablanca de Vigo na confección dun programa de actuacións polas principais cidades de España, "nunha forma máis de colaborar coa cultura da cidade". Logo de manter un encontro co presidente e o director da Coral, Ignacio Pérez Amoedo e Oscar Villar, respectivamente, Caballero asegurou que a calidade artística desta agrupación "está á altura do Orfeón Donostiarra", e, polo tanto, xa é moito máis que "un referente cultural da música das corais de Vigo e de Galicia".
Descargar todas as imaxes