Escoitar

A Xunta de Goberno aproba novas 150 bolsas de inglés para colexios concertados

Cun importe de adxudicación de 375.000 euros, a Xunta de Goberno deu luz verde hoxe mércores á ampliación en 150 as bolsas de inglés que o Concello concede, co que xa serán 510 rapaces de Vigo os que poidan estudar en Inglaterra este verán. Segundo explicou o rexedor, este aumento "foi preciso para cubrir a supresión que a Xunta realizou de todas as axudas para estudar inglés nesta cidade".

mércores, 24 ago 2011
1314192035alcalde.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores a aprobación definitiva de 150 novas bolsas de inglés, dirixidas a colexios concertados. Deste xeito elévase a 510 o número de rapaces e rapazas que se van a estudar inglés con todos os gastos pagados. "Esta ampliación foi precisa para cubrir a supresión que a Xunta realizou de todas as súas axudas para estudar inglés nesta cidade", explicou o rexedor puntualizando que "así calquera aforra, o difícil é facer un bo orzamento incluíndo gastos tan importante como este". Logo de aclarar que o ensino "seguirá a ser unha prioridade no orzamento do próximo ano", explicou que o importe da adxudicación desta ampliación é de 375.000 euros.

O investimento total do Programa de Inmersión de Lingua Inglesa para este ano é de 1.170.000 euros, e, segundo explicou, os estudantes estarán distribuídos en 12 cidades de Inglaterra entre o 13 de setembro e o 4 de outubro. O alcalde lembrou que no mandato pasado "pasouse de 0 becas a outorgar 1.071 en catro anos", para o que se investiron 2.5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes