Caballero mediará para que a factoría Denso obteña as máximas subvencións de Economía para a súa expansión en Vigo
O rexedor "cooperará activamente" para que o Ministerio de Economía atenda as solicitudes que a empresa Denso, ubicada en Valladares, lle solicitou ao Ministerio de Economía para ampliar a súa factoría. Caballero, quen mantivo un encontro con responsables da empresa, coida que estas peticións deben ser atendidas "concebindo a automoción como un sector estratéxico para Vigo, Galicia e España".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores a súa intención de "cooperar activamente intermediando coas solicitudes de apoio que a empresa Densio trasladou ao Ministerio de Economía". Logo de manter un encontro con responsables da factoría, o rexedor avanzou que vai intermediar, dixo, para que esa demandas de colaboración para ampliar a súa factoría nesta cidade "sexan atendidas na medida de que a automoción se trata dun sector estratéxico para Vigo, Galicia e España".
Denso, ubicada en Parque Empresarial de Valladares, ten 320 empregados e está inmersa nun proceso de investimento para ampliar as súas instalacións e darlle mellor servizo aos seus clientes, entre os que se atopa, PSA Citroën, Renault, General Motors e Mercedes. Caballero subliñou que avogará para que lle sexan concedidas as máximas axudas en apoio a unha industria "tecnicamente sólida, economicamente viable e exportadora". Recordou que a automoción xera 20.000 empregos na área de Vigo e recalcou que "ten que ser concebido como un sector estratéxico en toda España". Indicou que lle transmitiu a Alfredo Pérez Rubalcaba esta necesidade e avanzou que fará o mesmo co ministro de Industria e a de Economía porque "creo que o alcalde de Vigo ten que estar especialmente volcado na economía desta cidade".
Descargar todas as imaxes