venres, 20 xuño 2008

O luns da comezo a construcción do aparcadoiro de Castelao

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o acta de replanteo que supón o inicio, o vindeiro luns, dos traballos de construción do futuro aparcadoiro na rúa Castelao. O de Coia súmase aos outros tres parkings xa en obras, en Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro e Jenaro de la Fuente. Sen restriccións para a circulación, en menos de dous anos estará rematado e en funcionamento.

O vóo Vigo-Londres-Vigo inaugúrase o sábado cunha ocupación do 70 por cento

venres, 20 xuñ 2008

A conexión Vigo-Londres-Vigo comeza a operar mañá, 21 de xuño, cunha ocupación no seu vóo inaugural do 70 por cento, segundo anunciaron este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén Lois. O vóo, que ten prevista a saida do aeroporto vigués ás 17 horas e a súa chegada ás 21.40 horas, será o primeiro das tres conexións semanais entre Peinador e Gatwick, os martes, os xoves e os sábados.<br />

O I Encontro Empresarial entre Galicia e América Latina comeza o domingo con máis de 200 reunións de negocios programadas<br />

venres, 20 xuñ 2008

Máis de 200 reunións de traballo entre 25 empresas latinoamericanas e 70 viguesas e galegas conforma o programa do primeiro Encontro Empresarial entre Galicia e América que comeza o domingo, 22 de xuño, según anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Trátase dunha iniciativa froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, e que conta co apoio da Xunta de Galicia, que se desenvolverá na cidade ata o vindeiro 25 de xuño, cando os empresarios voltarán aos seus países de orixe.

A actuación da "Jazz Ensemble" da Escola de Música de A Coruña pecha o ciclo de "imaxina na rúa" do Festival Imaxina Sons&#039;08

venres, 20 xuñ 2008

A actuación do "Jazz Ensemble" poñerá fin o vindeiro sábado 21 de Xuño á sección "Imaxina na Rúa" do festival Imaxina Sons ’08. A formación actuará ás 11:30 h , no Calvario (rúa peonil fronte ao mercado; as 13:30 h. na Pza. da Independencia; ás 17:30 h. na rúa do Príncipe (fronte ao MARCO) e ás 19:30 h. na rúa Montero Ríos

I Torneo Internacional Balonmán Base

venres, 20 xuñ 2008

O Club de Balonmán de Lavadores organiza entre os días 25 ó 28 de xuño o I Torneo Internacional Balonmán Base no que participarán 8 clubs e 20 equipos e que ven de presentar hoxe venres en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso e representantes do club.