luns, 16 xuño 2008

O alcalde destaca que nun ano "todas as grandes demandas da cidade están en marcha"

Abel Caballero fixo balance do primeiro ano do goberno local, cumprido este luns, repasando "con feitos" a marcha da cidade. O alcalde salientou a aprobación do Plan Xeral e dos orzamentos como "feitos históricos para Vigo", e subliñou que nestes 12 meses se "desatascaron" os "compromisos da cidade", como o Auditorio, a Alta Velocidade, as autovías, o aeroporto, o porto, a Biblioteca estatal, a Cidade do Mar, o Novo Hospital, a depuradora, as humanizacións e os aparcadoiros, entre outros.

Santi Domínguez presenta os servizos de información turística da campaña de verán que incrementan a súa oferta e persoal

luns, 16 xuñ 2008

O vindeiro mércores, 18 de xuño, iniciarase a temporada de verán 2008 coa posta en marcha dos servizos de información turística de Vigo, segundo anunciou este luns o tenente de alcalde,Santi Domínguez. Así, abriranse as oficinas de turismo ubicadas na Estación Marítima, A Pedra, Praza de España, Estación de Renfe e Porta do Sol, onde se facilitará información para todas as persoas que cheguen á cidade, porase en marcha o Bus Turístico e tamén as rutas culturais.