martes, 17 xuño 2008

Santi Domínguez realiza un balance positivo do primeiro ano de goberno pero anima a superar os erros

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, valorou positivamente este martes o primeiro ano de Goberno municipal, aínda que anima a superar os erros cometidos no transcurso destes doce meses. "Temos que facer unha valoración dende a responsabilidade e a autocrítica", subliñou o tenente de alcalde, quen estivo acompañado polos concelleiros e concelleiras do BNG no Concello de Vigo, María Méndez, Xabier Alonso, Iolanda Veloso, Xesus López e Elena Maure.

María Méndez anuncia a ampliación do Programa de Avellentamento Activo a cinco novas entidades viguesas

martes, 17 xuñ 2008

A concelleira de Benestar Social, a María Méndez, anunciou este martes a ampliación do Programa de Avellantamento Activo a cinco novas entidades viguesas no mes de setembro co obxectivo de estender esta iniciativa ao "maior número posible de parroquias e barrios da cidade". María Méndez así o afirmou durante a visita que esta mañá realizou ao pavillón das Travesas, onde se estaba desenvolvendo un dos cursos que forman parte do programa, neste caso de ximnasia e recoñecemento médico.

Iolanda Veloso clausurou hoxe o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron 2.200 estudantes da cidade<br />

martes, 17 xuñ 2008

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clasusurou este xoves no CEIP O Pombal o programa "Camiña con nós pola igualdade", no que participaron máis de 2.200 de 29 centros educativos vigueses. O obxectivo desta iniciativa, radica, segundo a edil, en que a educación de nenos e nenas pase de "educación mixta a coeducación e fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas".

A Feira da Construción reunirá a máis de 400 empresas no IFEVI

martes, 17 xuñ 2008

Durante catro días, Vigo, será referente para empresarios, asociacións e institucións relacionadas co sector da construción. Na segunda edición da feira da Construción de Galicia, SICO 2008, que se celebrará do 26 ao 29 de xuño no IFEVI, daranse cita máis de 400 empresas e 200 expositores, que representan a máis de 1.000 firmas estatais e internacionais.