Escoitar

A oficina municipal de voluntariado celebra o seminario "A xestión do conflito"

A Oficina Municipal de Voluntariado, dentro da súa programación anual, organiza o seminario "Os espazos de conflito nas entidades e organizacións de inciativa social: A xestión do conflito", o próximo mércores, 25 de xuño a partir das 18.30 h. na Sala de Actividades da Biblioteca Pública Central (Casco Vello), rúa Joaquín Yáñez nº 6, <br />

martes, 17 xuñ 2008
1213706422volun.jpg
O obxecto do curso é o de reflexionar sobre as dinámicas de relación interpersonais dentro das organizacións, sobre a posibilidade da existencia de conflito e dos seus compoñentes, tentando apuntar os obstáculos e as claves ou habilidades a aplicar de cara a súa resolución.

A ponencia será a cargo de Lourdes Besada Agra, actual profesora na Escola Universitaria de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, na especialidade de Psicoloxía Social. Experta en Mediación, participa como docente dende o ano 2000 no Máster en Asesoramento e Orientación Familiar de ámbito nacional e internacional, docente nos cursos de Postgrao "Especialización en Tutela de Colectivos en Risco de Exclusión social".

Este seminario vai dirixido a profesionais e membros responsables de entidades e organizacións de iniciativa social do ámbito municipal vigués.

Dado que o número de inscripcións é limitado darase prioridade a todas aquelas entidades de iniciativa social dadas de alta na OMV. As inscripcións poderán facerse na propia OMV (Praza do Rei s/n), por teléfono 986 810 213, enviando a inscripción ao número de fax 986 43363 ou a través do correo ofi.voluntariado@vigo.org
Descargar todas as imaxes