Vigozoo xa recicla
Vigozoo acaba de implantar un sistema de recollida selectiva nas súas instalacións para o público visitante. En consonancia cos requirimentos ambientais da nosa sociedade actual, a dirección do Parque das Ciencias Vigozoo decidiu crear illas de recollida selectiva localizadas nos camiños interiores do parque.
En total creáronse seis illas de recollida completas que permiten recoller separadamente envases de plástico, latas e bricks, vidro, papel e cartón e fracción resto. Ademais na entrada o parque conta cun contedor de pilas usadas, que completa a capacidade de recollida separada de residuos.
A curto prazo está prevista a creación de outras dez illas máis que conformarán un total de dezaseis unidades de recollida selectiva. Un pequeno paso dende o zoo para protexer o noso planeta.
Descargar todas as imaxes
A curto prazo está prevista a creación de outras dez illas máis que conformarán un total de dezaseis unidades de recollida selectiva. Un pequeno paso dende o zoo para protexer o noso planeta.