Escoitar

O aeroporto de Vigo inicia a reforma de infraestructuras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e o director do aeropuerto de Peinador, Antonio García Pierre, visitaron esta mañá as obras que se van a acometer no aeroporto e que consisten na reforma da terminal de carga e da zona de facturación e clasificación de equipaxes ,ampliación plataforma, construción do edificio aparcamiento e bloque técnico.

xoves, 12 xuñ 2008
1213275930aeropuerto.jpg
A reforma da terminal de carga ten un investimento de preto dun millón de euros na que se remodelará e acondicionará o edificio actual desta terminal. Tamén supón a construción dun novo PIF no interior do edificio de acordo á normativa europea

A reforma da zona de facturación cun presuposto de obra de 2 millóns de euros implica a ampliación a 14 mostradores de facturación , de seis oficinas de venda billetes e de dúas cintas de tratamento de equipaxes

O aeroporto tamén contará coa ampliación de plataforma cun investimento de máis de cinco millóns de euros no que se comtempla a galería de servizos baixo pista , ampliación en dúas posicións en plataforma e a instalación separador de graxas para plataforma (medida medio ambiental)

A construción do edificio aparcamiento terá un presuposto de máis de 38 millóns de euros e prevese unha capacidade de 2.600 prazas.

As actuacións asociadas á obra do edificio de aparcamiento conleva aiImplantación dunha glorieta e unha rotonda provisionales de acceso e saída do aeroporto , o traslado da zona de estacionamiento de taxis e autobuses regulares e reorganización do trafico nos viales do aeroporto .
Descargar todas as imaxes