Escoitar

Exposición de Fino Lorenzo na Casa das Artes

A exposición de Fino Lorenzo "Digresións (2004-2008" podese visitar desde o 12 de xuño ao 13 de xullo na Casa das Artes e que organiza a Concellería de Cultura.

mércores, 11 xuñ 2008
1213181673esposicion2.jpg
Segundo o propio artista "as obras que conforman esta mostra, realizadas durante os últimos catro anos, iniciáronse en sinxelos xogos co volume. Os sucesivos procesos, coas súas correspondentes herexías, xurdiron dunha estrutura básica, fráxil e flexible, non dogmática. Liña a liña, salto a salto, foron definindo un territorio aberto, un campo de traballo, un lugar onde xogar con esas cousas que tanto lles gustan aos artistas e que definen formalmente a substancia do obxecto: a estrutura, a imaxe e a figura, a forma, a cor, as distintas densidades do espazo, a escala, o material, as relacións entre fraxilidade e tamaño, a integración dos opostos..."

Como ilustrador, a partir de 1994, Fino Lorenzo publicou máis dunha vintena de títulos en Edicións Xerais de Galicia, Anaya, Obradoiro-Alfaguara, Galaxia e Edicións do Cumio. En 2001, o álbum Mermelada de Fresa, con texto de Daniel Neskens, recibiu o Primeiro Premio do "I Certamen Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Alicante".

FINO LORENZO Baiona, 1962.

- Exposicións colectivas. Selección
2008 Arte Fiera di Padova. Galería Nino Sindoni. Padua. Italia.
2007 Puro Arte. Galería Andrés Amor. Vigo.
2006 Nove artistas para a Volta dos Nove. Baiona.
1998 Debúxame un conto. Itinerante.
1989 Centro Cultural Galileo. Madrid.
Centro Cultural D. R. Madrazo. Santander.
Mostra Interbienais. Vilanova de Cerveira. Portugal.
Galería Millares. Madrid.
Caja de Ahorros Municipal de Burgos. Burgos.
1988 Caja de Ahorros Municipal de Burgos. Aranda de Duero.
Castillo de Peñafiel. Valladolid.


-Exposicións individuais. Selección
2008 Digresións. Casa das Artes. Vigo.
Galería Andrés Amor. Vigo.
2003 Galería Dua2. Vigo.
1991 Sala de Exposicións Caixanova. Vigo.
1990 Sala Hércules Coruñés. A Coruña.
Caja de Ahorros Municipal. Pontevedra.
1989 Real Club Náutico. Vigo.
1213181673esposicion2.jpg
1213181691esposicion3.jpg
Descargar todas as imaxes