Escoitar

Abel Caballero adoptará acordos contra o cambio climático coa Fundación de Al Gore

O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, recibiu este martes ao Presidente da Fundación Biosfera, Juan Verde, responsable en España do proxecto climático mundial de Al Gore. Tras o encontro, Abel Caballero informou que en "moi poucos días" se pecharán "accións conxuntas" na loita contra o cambio climático.

martes, 10 xuñ 2008
1213102538juanverde.jpg
A Fundación Biosfera é a responsable en España de The Climate Proyect, o organismo que dirixe Al Gore na loita contra o cambio climático. O alcalde, que tamén preside a Rede Española de Cidades polo Clima, entrevistouse este martes co seu Presidente, Juan Verde, un encontro no que acordaron adoptar medidas conxuntas en defensa do medioambiente.

Estas accións foron plantexadas pola Fundación a Abel Caballero, quen coincidiu na necesidade de "mobilizar" á cidadanía, para o que considera "importante" a cooperación da Fundación Biosfera e dos nomes de Al Gore ou o deseñador Adolfo Domínguez, quen tamén integra a entidade.

"En moi poucos días imos pechar accións conxuntas", adiantou Abel Caballero, medidas a tres bandas que integrarían á Fundación, ao Ministerio de Medioambiente e ás cidades, da man da Rede Española de Cidades polo Clima que aglutina a unhas 200 urbes e en torno a 22 millóns de españois.
Descargar todas as imaxes