o alcalde salienta a súa "plena coincidencia" coa nova delegada da Zona Franca
Abel Caballero e Teresa Pisano mantiveron este martes o primeiro encontro tras a designación da mesma como nova delegada da Zona Franca de Vigo. O alcalde calificou a reunión de "moi satisfactoria" e avanzou que, coa nova responsable do Consorcio, "Zona Franca vai entrar decididamente no terreo da cooperación coa cidade".
A primeira reunión mantida entre o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a nova titular da Zona Franca, Teresa Pisano, tivo un resultado "moi satisfactorio", segundo informou o rexedor, xa que existe unha "plena coincidencia" nos temas da cidade.
Pisano mostrou unha "vontade absoluta de entendemento e cooperación" e Abel Caballero declarou estar convencido de que se acadarán acordos entre as institucións. O alcalde salientou o "espírito emprendedor" da nova responsable tanto coas empresas como cos empresarios.
Abel Caballero concluíu que "Zona Franca vai entrar decididamente no terreo da cooperación coa cidade" e adiantou que asistirá á toma de posesión oficial de Teresa Pisano como delegada da Zona Franca de Vigo, que terá lugar o vindeiro martes 17 de xuño, xunto con representantes do goberno autonómico e estatal.
Visita ao Rosalía de Castro
En declaracións aos medios de comunicación, o alcalde informou da visita que realizou este martes ao Colexio Rosalía de Castro. O motivo da súa presencia foi, segundo comentou, transmitir o seu apoio aos estudantes que se enfrontarán nas próximas datas á proba da selectividade.
Descargar todas as imaxes