Escoitar

Entrega de premios do IV Concurso de Fotografía Dixital Vigozoo

O pasado venres entregáronse os premios do concurso de fotografía do 1º de maio que convoca Vigozoo desde hai catro anos. Nesta edición participaron un total de 171 persoas nas categorías de júnior e sénior.

luns, 9 xuñ 2008
1213012301ganadorsenior.jpg
Primeiro premio categoría sénior
Os gañadores foron na categoría júnior ( menores de idade):
-1º premio: David Torres Collazo (9 anos) Título da fotografía:"Muy monito"
-2º premio: Oscar Iglesias González (10 anos) Titulo da fotografía: "En primera fila"
-3º premio: Uxía García Aneiros (9 anos) Titulo da fotografía: "Oso sentado"

Na categoría sénior (maiores de 18 anos) os gañadores foron:
-1º premio: María Belén Camacho, Titulo da fotografía: "Intimando"
-2ºpremio: Antonio Gómez Martínez, Titulo da fotografía: "El rey león"
-3ºpremio: Rubén Paredes Outomuro, Titulo da fotografía: "¿Pero qué tengo aquí?"

Os premios foron subvencionados por Caixanova e os agasallos por empresas colaboradoras de Vigozoo.
Despois da entrega de premios os asistentes ao visitaron o parque e coñeceron a nova actividade educativa denominada "Naturolab" (O laboratorio da natureza) que comezou a funcionar esta primavera.
Descargar todas as imaxes