Santi Domínguez vista o barrio de Teis para coñecer as necesidades da veciñanza
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este venres o barrio e o mercado de Teis para coñecer as demandas e necesidades da veciñanza. "Este percorrido inscríbese no marco das visitas que habitualmente realiza o Grupo Municipal do BNG polos barrios e as parroquias viguesas para manter un contacto directo cos veciños e veciñas", subliñou o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria.<br />
Santi Domínguez lembrou que durante a campaña das eleccións municipais de maio do 2007, o BNG sinalou que quería "estar preto da xente", polo que a programación destas visitas supón "o cumprimento dese compromiso". Ademais, como concelleiro de Comercio, interesouse polos problemas dos comerciantes do mercado de Teis, punto de inicio da visita, e asegurou que trataría de buscar a solución máis axeitada para cada unha das suxestións plantexadas. Neste sentido indicou que as cuestións que lle trasladadon os comerciantes refírense á crise económica, e especialmente aos sectores do transporte e da pesca, así como a mellora de diversas infraestruturas do propio mercado.
Durante a visita a Teis, o tenente de alcalde e os concelleiros nacionalistas mantiveron xuntanzas con diferentes colectivos do barrio e rematen cunha visita ao seu centro cívico. Reuníronse nun xantar no restaurante "Galatea" con representantes de 25 colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos do barrio. Xa pola tarde visitaron tamén o Centro Cívico de Teis e percorreron diversas rúas do barrio.
Descargar todas as imaxes