Escoitar

II Xira Galega Karting Indoor na praia de Samil

Vigo acolle a II Xira Galega Karting do 13 ao 29 no parquing da praia de Samil co obxectivo de potenciar os deportes de motor e cubrir unha crecente demanda deste tipo de actividad e que ven de presentar en rolda de prensa o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.

martes, 10 xuñ 2008
1213102368karting.jpg
Para a ocasión haberá un circuito de karting de 4.000 metros cadrados provisto das mellores medidas de seguridade. Disporase de 24 kars para adultos e cativos ( a partir dos 8 anos), un sistema de cronometraxes informatizado onde se reflexa os tempos das mangas para as competicións, graderío, balizado homologado, bandeiras de sinalización, monos e cascos de competición...

O horario será polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 18.00 a 24.00 horas.

As mañás de luns a venres , estarán adicadas aos centros escolares aos que a concellería de Deportes enviou mil invitacións. Tamén participarán gratuitamente aquelas persoas que conseguiran unha invitación nos centros Gadis de Vigo.

A tarifa por sesión é de 10 euros.
Descargar todas as imaxes